BUSCAR POETAS (A LA IZQUIERDA):
[1] POR ORDEN ALFABÉTICO NOMBRE
[2] ARCHIVOS 1ª, 2ª, 3ª, 4ª, 5ª 6ª 7ª 8ª 9ª 10ª 11ª 12ª 13ª 14ª 15ª 16ª 17ª 18ª 19ª 20ª y 21ª BLOQUES
[3] POR PAÍSES (POETAS DE 178 PAÍSES)

SUGERENCIA: Buscar poetas antologados fácilmente:
Escribir en Google: "Nombre del poeta" + Fernando Sabido
Si está antologado, aparecerá en las primeras referencias de Google
________________________________

jueves, 28 de junio de 2012

7333.- VERÓNICA MARTÍNEZ DELGADO




Verónica Martínez Delgado, nació en 1976, es natural de la Frouxeira (Valdoviño, A Coruña), estudió Historia del Arte en la USC y es galerista de profesión. 

Verónica Martínez Delgado, de 1976, natural da Frouxeira (Valdoviño), praia de fortes mareas e infinita marca. Estudou Historia da Arte na USC.


Foi gañadora en dúas ocasións consecutivas do Premio de Poesía Fernández del Riego.


Obras


Poesía


Desterrada do meu corpo, 2001, Letras de Cal.
Deshabitada e sen verdugo, 2002, Río Xuvia (Madrid).


Obras colectivas


Sempre mar. Cultura contra a Burla Negra, 2003, Asociación Burla Negra.
Cara a un solpor de gatos, 2005, 3C3. Con Antonio Fernández Seoane.
Isto é un poema e hai xente detrás, 2007, Espiral Maior.
Letras novas, 2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova, 2010, Toxosoutos.
Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, AELG, libro electrónico.
A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos.


Premios


Accésit do 1º Premio de Poesía Letras de Cal no 2000, por Desterrada do meu corpo.
III Premio de Poesía Afonso Eanes de Cotón, por Cara a un solpor de gatos.
2º Premio en Lingua Galega do VII Concurso de Contos Repsol, S. A., por Mañá, se cadra, non será un día máis.
Mención de honra no premio GZ Crea no 2006, por O ladrón de almas.











I

Me tocabas
el vientre
como un dios toca su mundo.
No estaba preñada,
pero me creció un mar
de deseos
que duró una vida.


I

Tocábasme 
o ventre
coma un deus toca o seu mundo.
Eu non estaba preñada,
pero medroume un mar
de desexos
que durou unha vida.

   De Desterrada do meu corpo, 2001







II

Yo entraba en casa
deseando
que todo oliese a témpera,
aguarrás,
y que en el pasillo
hubiese
una mujer desnuda, hermosísima,
posando 
sólo para ti.


II

Eu entraba na casa
desexando
que todo cheirase a témpera,
augarrás,
e que no corredor
houbese
unha muller espida, fermosísima,
posando 
só para ti.

   De Cara a un solpor de gatos, 2005





III

Yo vivía
para este ladrón de almas
que pujaba,
alquilaba,
revendía, 
vendía, 
traspasaba,
prestaba
y a veces hasta regalaba
mi lado de la cama
entre las prostitutas de lujo
del barrio alto de la ciudad.



III

Eu vivía
para este ladrón de almas
que poxaba,
alugaba,
revendía, 
vendía, 
traspasaba,
prestaba
e ás veces ata regalaba
o meu lado da cama
entre as prostitutas de luxo
do barrio alto da cidade.

De Isto é un poema e hai xente detrás: O ladrón de almas, 200
Traducciones de la autora.






Afondo
coas mans
na terra
recoñecéndome
da estirpe
das mulleres
que pariron

en silencio,

de pé,
na corte,
sobre a herba seca.

Nados á volta
de cada marea.

Agora,
-tan só muller-
quen
de foder
enriba de todas as mesas,
sobre as alfombras,
contra o frigorífico,
na terraza…
como único xeito de comunicación
porque

o silencio

pobóao todo.

Mais erguereime
mañá
orgullosa e satisfeita
deste corpo de muller
que me cingue.





Thorndike e nós

Abrín
a caixa de problemas
instintiva e inmediatamente
ao non sentir
o teu alento
na caluga.

Dende
o centro
da gaiola da musa
padecía
a liberación
de todos os teus gatos famélicos.


No hay comentarios: